Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

INFORMACIÓN. Outas novas

small logo

 

O padeeiro eumés do C.N. Firrete, Miguel Soro, foi convocado pola Real Federación Española de piragüismo para participar na 2ª Copa do Mundo de maratón

Miguel Soro, padeeiro do CN Firrete.

Miguel Soro, canoista de categoría junior foi seleccionado polo responsable nacional de Maratón Don José Andrés Román para participar na 2ª Copa do mundo desta especialidade que terá lugar este fin de semana (12 e 13 de xullo) na localidade portuguesa de Crestuma.

Esta convocatoria vén premiar a gran tempada do novo padexeiro eumés que durante todo o ano mantívose entre as primeiras posicións nas regatas nacionais que disputou, chegando a alcanzar varios pódios nalgunha delas.

Sen dúbida Miguel afronta a súa primeira regata internacional con gran ilusión, e tendo en conta que España é toda unha potencia nesta especialidade, está convencido de poder loitar polas medallas, o que lle colocaría nunha boa posición para ser seleccionado para o Mundial, que se celebrará a finais de Setembro na República Checa.

A proba de C-1 junior disputarase o sábado sobre unha distancia de 21 kms, na que os participantes terán que superar ademais varios tramos de carreira a pé, cargando coa súa canoa e pa.

É esta a de Maratón unha especialidade de gran espectacularidade, máis aínda nun evento destas características no que se darán cita os mellores especialistas de máis de 20 paises.


1º GRAN PREMIO DE GALICIA DE PIRAGÜISMO
Alevíns  e benxamíns

12 de xullo ás 11:30 no paseo marítimo

1º Gran Premio de Galicia de Piragüismo, alevíns e benxamíns.

O próximo día 12 de xullo o Club Náutico Firrete e a Federación Galega de Piragüismo organizan en Pontedeume (nas inmediacións do paseo marítimo) unha regata de carácter autonómico puntuábel para o Gran Premio de Galicia de alevíns e Benxamíns.
 
Uns trescentos piragüistas, nenos e nenas, de idades comprendidas entre os 8 e 11 anos, tomarán parte nunha regata encadrada dentro da 1ª Liga organizada pola Federación Galega de Piragüismo, campeonato que se compón de 4 competicións: a de Pontedeume, unha en Lugo e dúas en Pontevedra.

A Xunta Directiva do club afronta con ilusión a organización  dun evento deportivo que ten unha clara intención de promoción deste deporte, e tendo en conta o enclave elexido será ademáis, sen dubida, unha regata moi vistosa cara ao público.

Queremos dar a nosa máis sincera benvida tódolos participantes e animar a tódolos eumeses e eumesas, así como a toda a xente que nestas datas visita a nosa Vila, a presenciar a regata.

            Saúdos, nos vemos o día doce.

ENLACE: Regulamento da Regata

 


O Náutico Firrete sumou tres bronces na regata de Lugo

Momento da recollida de trofeos.
FERROL DIARIO DIGITAL (17 de xuño de 2008) Os novos padexeiros do Náutico Firrete de Pontedeume lograron subir a podio no Grande Premio Piñeiral nas categorías alevín e benxamín, posto que a actuación dos máis de dez deportistas eumeses nesta cita se saldou cun total de tres bronces, dous a nivel individual e outro como terceiro mellor equipo da competición.

O Náutico Firrete parece encontrar novo zume que continúe cos éxitos alcanzados polos seus padexeiros senior posto que a representación eumesa que a pasada fin de semana se desprazou ata Lugo regresou a Pontedeume con tres medallas, todas elas de bronce.

Felipe Moreno foi un dos encargados de conseguir un deses terceiros postos, nesta ocasión en alevín B, mellorando así o sexto posto logrado na anterior cita.

Outra das sorpresas da xornada foi o bronce conseguido por a benxamín Cristina Carro, piragüista que subiu ao terceiro caixón do podio na súa segunda regata oficial.

Pola súa banda, Eva Painceira quedou ás portas de repetir o bronce, pero unha mala saída pasoulle finalmente factura e quedou no cuarto lugar da regata alevín A. Neste mesmo cadro, pero en masculino, David Piñeiro cruzou a liña de meta na sétima posición entra máis de medio centenar de padexeiros.

Estas actuacións, xunto coas dos seus restantes compañeiros, catapultaron ao Firrete ata a terceira praza da xeral con 1.197 puntos, por detrás do Ás Torres e Breogán. A próxima cita destas categorías será en Pontedeume o 12 de xullo.


Os infantís do Firrete sumaron dúas medallas en Portonovo

FERROL DIARIO DIGITAL (27 de maio de 2008) O canoísta infantil da entidade eumesa ratificou que é o mellor especialista da súa idade en Galicia cunha primeira posición que, ademais, conseguiu cun grande tempo, case un minuto inferior ao padexeiro que ocupou a segunda posición. Casás non só destaca no plano autonómico, senón que este ano xa sabe o que é ser medallista nacional. Nesta oportunidade non foi o único competidor do Firrete que se subiu ao podium, posto que o seu compañeiro Gonzalo López Allegue obtivo a prata no cadro infantil B de kaiak individual, por certo un dos máis numerosos. López Allegue protagonizou unha gran regata e quedou a só catro segundos da medalla de ouro.

Entre os restantes resultados individuais cabe destacar a cuarta praza de Jorge Lage en K-1 infantil A, outra das categorías con maior número de participantes. Lage estivo moi preto de situarse nas medallas, concretamente a catro segundos do bronce e a oito da prata.

O Firrete, pola súa banda, clasificouse en segunda posición na táboa por equipos deste Grande Premio de promoción, con máis de 3.000 puntos -só dúas formacións superaron ese ranking- e apuntala as súas opcións de podium ao rematar o calendario dos infantís.



O FIRRETE ÁLZASE COA VICTORIA NA COPA ESPAÑA DE PROMOCIÓN

Segunda regata da Copa de España de Promoción. Ibiza 2008

Un total de 67 clubes e 557 padexeiros da categoría infantil (idades comprendidas entre os 12 e 14 anos) déronse cita o pasado día 11 de maio en Ibiza para a disputa da 2º regata da Copa de España de Promoción, proba puntuable para a Liga Nacional de Augas Tranquilas.
A pesar do compricado do desprazamento de centos de piraguas ás Illas Baleares, os mellores clubs de piragüismo de España non fallaron á cita que se repite por terceiro ano consecutivo, segundo en Ibiza.
A competición que se iniciaba o sábado-10 ás 16:00 horas,  con presenza de moitos espectadores, atraídos pola vistosidade do evento e organizada polo Club Nàutic Sant Antoni que repetía na organización despois do evento do pasado ano, estivo a piques de suspenderse debido aos cambios de vento. Á metade da competición houbo que parar durante case unha hora debido á entrada na bahía dun vento de poñente que dificultaba en gran medida o discorrer das regatas; sobre todo en canoa, onde era moi difícil manter o equilibrio.
O club eumes congratúlase do extraordinario papel realizado polos seus 23 deportistas desprazados ás illas Baleares que manifesta o gran estado de forma no que se atopa a súa ESCOLA DE PIRAGÜISMO. É a primeira vez dende o nacemento da Liga Nacional de Infantís, fai xa sete anos, que os seus piragüistas soben todo o máis alto do podio.
En canto á clasificación xeral por equipos unha vez realizadas as dúas primeiras probas da Copa de España, ratifícase o claro dominio de Galicia, clubs que ocupan os seis primeiros postos da clasificación. O Club Náutico Firrete, que suma un total de 3.243 puntos e pasa da sexta á primeira posición, seguido do Real Club Náutico Rodeira de Cangas (2.920) e do Club de Mar Ría de Aldán-Irmáns Gandón (2.573).
Os resultados individuais máis destacados do noso club forón:
-Brais Cásas Fernéndez (medalla de ouro en Canoa Infantil A).
-David Amenedo Pena (medalla de ouro en Canoa Infantil B).
-Jorge Lage Rodríguez ( 9º posto en K-1 Infantil A, a categoría máis numerosa con 123 padexeiros en liza).


Los primeros pasos en piragua...
INFORMACIÓN PUBLICADA POR La Voz de Galicia o pasado día 11 de Mayo...

O Firrete de Pontedeume, un club de referencia en Galicia, abre esta actividade a nenos e turistas con percorridos alcanzables
Un día primaveral calquera, uns corenta escolares dun colexio calquera se desprazan a Pontedeume para recibir unha clase de ximnasia pouco convencional. ás portas do pavillón municipal espéralles Ramiro Piñeiro, o presidente do club de piragüismo Firrete. Tras pasar polo vestiario e porse a indumentaria adecuada, os mozos reúnense para recibir as primeiras indicacións. «Ensinámoslles como situarse na piragua e os movementos básicos», explica Piñeiro, e xa están listos para coller as súas canoas e facerse ao auga.+información

 

 


 

O Firrete culpa o arquitecto redactor da perda de fondos para construír a súa nova sede

Un estudio do Concello di que faría falta un 80% máis para executar o proxecto

Proxecto da nova sede

O presidente do club de piragüismo Firrete, Ramiro Piñeiro, responsabilizou o arquitecto redactor do proxecto de que o inmoble previsto para esta entidade no porto de Pontedeume non se construíra aínda e se perdesen parte dos fondos cos que se ía edificar.
O Concello eumés encargou o anteproxecto no ano 2006 ao estudio arquitectónico Franco Taboada, coa previsión de dispoñer dun presuposto de 600.000 euros a cargo da Dirección Xeral de Deportes de la Xunta, e da Deputación provincial, ademais dunha modesta achega municipal coa que completar a actuación. + información...


 

O club náutico FIRRETE aproba os proxectos de actividades para a tempada 2008

Asamblea xearl do Firrete

Os socios do club eumés reunidos en asemblea  xeral o pasado domingo-23, aprobaron o proxecto de actividades e de orzamentos para a tempada 2008.

O EQUIPO DE COMPETICIÓN formado por preto de douscentos padexeiros, e que iniciou a súa preparación o pasado mes de outubro, ten como obxectivo a participación do club na 6ª edición da LIGA NACIONAL DE PIRAGÜISMO e na COPA XUNTA DE GALICIA, que serán a principal actividade competitiva na que tome parte o club buscando colocarse nas primeiras prazas de clasificación.

O deseño de competicións que se estableceu para a tempada 2008  obrigará aos eumeses a realizar preto de cincuenta desprazamentos para estar presentes nas competicións máis importantes de carácter autonómico e nacional.

Non podemos despistarnos e esquecer que o club é unha entidade de carácter social que celebra e organiza outras actividades como son as da formación permanente, o goce da piragua como medio de mantemento físico-emocional (EQUIPO DE LECER-TURISMO), e as dirixidas á captación turística (programa FIRRETE-AVENTURA).

Toda iso, sumado ás actividades expostas dende a ESCOLA MUNICIPAL DE PIRAGÜISMO, permitirá que máis de dúas mil persoas gocen da piragua nun contorno envexable como é o da ría de Ares, río Eume e as Fragas do Eume, nas que se atopa o fermoso enclave de Caaveiro; o que fai do club Náutico Firrete un dos máis importantes de Galicia no deporte do Piragüismo.


Por outra banda, non podemos esquecernos que o club organizará, unha edición máis da BAIXADA DO EUME EN PIRAGUA (42ª). A data de celebración será o 7 de setembro e puntuará para a Copa Xunta de Galicia.

Ademais, o 12 de xullo o Firrete organizará en Pontedeume (nas inmediacións do paseo marítimo) unha das catro regatas de carácter autonómico puntuables para o Gran Premio de Galicia de Alevíns e Benxamins.

O club eumés conta cun orzamento de 125.000,00 euros para levar ao cabo todos os seus programas.

 

O CLUB NÁUTICO FIRRETE COMENZA A TEMPADA DE REGATAS

O C. N. Firrete asistiu en febreiro ao Campionato Galego de inverno de pista 2008, celebrado no encoro de Castrelo do Miño (Ribadavia), cunha participación de once padexeiros nas categorías de cadetes, xuvenís, e séniors.

            A xornada comezou ás 10 da mañá coa regata das mulleres e canoístas cadetes na que participaron  Andrea Pérez e Olalla García en mulleres, acadando os postos 10º e 15º respectivamente, unhas posicións máis que aceptábeis tendo en conta que son padexeiros de primeiro ano. En canoa participou Pablo García que, malia ter una gran melloría, non puido estar ao nivel dos padexeiros de segundo ano que se adestran no Centro Galego de Tecnificación.
 Na categoría canoa xuvenil participaron Miguel Soro que acadou un meritorio 4º posto, xa que competía con padexeiros concentrados co Equipo Nacional, mostrándose como una firme alternativa para vindeiras citas. En kaiak xuvenil participou Antonio Rey obtendo o 13º lugar, nunha regata na que demostrou a súa fortaleza en regatas de longa distancia.
Bo papel do equipo sénior nunha categoría que atesoura un gran nivel no piragüismo galego con padexeiros como Jovino Gonzalez, Teresa Portela, David Mascato ou Tono Campos vencedores nas súas respectivas categorías. Pola súa parte o padexeiro do Firrete Laura Rodríguez que acadou a 3ª posición mantendo o gran nivel dos anos anteriores. Rebeca Vázquez e Sandra Villar foron 6ª e 7ª respectivamente, o que aventura uns bos resultados para as probas en barcos de equipo. En canoa Yeray Picallo foi 12º e Enrique Salvadores 20º nunha regata con gran participación, con varios padexeiros medallistas en campionatos mundiais. En kaiak,  Antonio Oliveira non puido estar cos mellores nunha regata dominada polos padexeiros do Kaiak Tudense.
A clasificación por clubs foi dominada  polo club Kaiak Tudense seguido de ‘As Torres? e o Breogán. O Firrete foi 7º metido nun grupo de seguidores dos tres grandes.
A seguinte cita é o Campionato de España de Inverno en Sevilla o vindeiro 8 e 9 de marzo, campionato no que os padexeiros do Firrete tentaran manter o bo nivel acadado no autonómico

Campionato galego de inverno de pista

 

 

 

 

 

 

O CLUB NAÚTICO FIRRETE PROTAGONISTA NA GALA ANUAL DO PIRAGÜISMO GALEGO

Gala anual do piragüismo galego

O Firrete foi protagonista na Gala Anual do Piragüismo que se celebrou o pasado 19 de xaneiro no Hotel Eurostars Auriense de Orense a partir das 21:30H.
A Gala  premiou os máis destacados deste deporte no ano 2007 e o Firrete foi triplemente galardoado neste acto:

En primer lugar recibiu o premio ao Club Revelación, galardón que premiou o mágnifico traballo realizado que levou ó club de novo ó máis alto dos podios autonómicos e nacionais.
 Hai que clarexar que a pesares do nome do galardón, o Firrete é un dos  clubes máis antigos da Comunidade , só superado polo Naval de Pontevedra e o Fluvial de Lugo, o premio ven significar o rexurdir dos resultados de anteriores épocas.

O Firrete recibiu tamén unha Copa  como 2º clasificado no Gran Premio de Promoción, unha presea importante que houbo que pelexar ante máis de cincuenta clubes e na que nos mantivemos en apretada loita ata o final pola primeira posición. Un gran traballo de canteira que nos asegura un futuro prometedor.

Ademáis,  o Director Técnico do Firrete, Oscar Calvo, recibíu o premio a Mellor Adestrador da Tempada, un merecido recoñecimento o traballo que leva desempeñando nos últimos anos nos que semella haber atopado o camiño do éxito e haber formado un equipo de traballo sólido e competitivo.

 

MIGUEL SORO BRONCE EN C-1 JUNIOR 500 METROS i EN C-2 NA MESMA DISTANCIA CON AARÓN CASÁS.
O C-2 JUNIOR DE SERGIO VÁZQUEZ, DIEGO VARELA, ALBI ASTRO E IVAN IGLESIAS SUBCAMPEONS GALLEGOS
Boa actuación dos padexeiros eumeses na estrea da nova pista de Verducido ( Pontevedra ).
Miguel Sóro foi o deportista que mellores resultados obtivo, con dúas medallas de bronce, en c-1 e en c-2 con Aarón Casas.
A outra medalla dos eumeses foi para o c-4 junior que unha vez máis volvio a subirse a un podio autonómico, algo que xa é case un costume pois se consegue ano tras ano dende fai 5.
O resto do equipo destacou pola súa regularidade xa que a pesar de non conseguir máis medallas se obtiveron 18 clasificacións entre o posto 4º ao 8º.
Esa regularidade foi a que nos levou á sexta praza final por equipos dun total de 30 entidades participantes.
En dúas semanas será o Campionato de España, tamén en Verducido cun equipo moi similar, con algunhas incorporacións.

 

YERAY PICALLO 8º EN C-1 SENIOR NA R.N DE 1000M
O pasado 24 de marzo celebrouse no encoro de Belesar ( Lugo ) a Regata Nacional de 1000 M, para cadetes, junior e senior en embarcacións dobres e individuais. As actuacións individuais correron a cargo de Yeray, 8º e Laura 4ª na final B. En dobres; Miguel Soro e Aarón Casás acadaron un meritorio 6º posto, Sergio Vázquez e Pedro Fernández tamén foron 6º pero na final B (c-2 junior); o K-2 dama senior que formaban Laura Rodríguez e Rebeca Vázquez obtivo a 3ª plaza na final B. A próxima cita será a mediados de abril coa disputa da R.N de 500 M en Castrelo de Miño ( Ourense )

O CLUBE NÁUTICO FIRRETE VENCE NA 1ª REGATA GALEGA DO GRAN PREMIO DE PROMOCIÓN
O sábado, 17 de marzo celebrouse en Cangas (Pontevedra), a 1ª Regata do Gran Premio de promoción do calendario galego. O Club Firrete quedou na primeira posición por clubes dun total de 42 entidades, estivo acompañada no podio por As Torres e polo Piragüismo illa de Arousa a máis de trescentos puntos. A nivel individual, obtívose unha medalla de ouro; a conseguida po Brais Casás en c-1 infantil B. Noraboa a todos e a seguir así!!

OS INFANTÍS VIAXARON A MURCIA
A principios de semana santa, abriuse o calendario nacional para os infantís, a 1ª regata da Copa de España de Promoción tivo lugar en Murcia, o firrete desplazou a case 20 deportistas que a pesares de ter algunha baixa de última hora, tentaron repetir a actuación de Cangas e traer un resultado positivo.Na viaxe de volta, fixose noite en Madrid para que os rapaces, e os non tan rapaces poideran disfrutala tarde no Parque de atraccións da Warner Bross.

Convocatoria de Reunión
Con motivo del comienzo del periodo competitivo, el entrenador Enrique Salvadores os convoca a una reunión que se celebrará el domingo 11 de marzo de 2007 a las 12 horas en las instalaciones del club. (ver convocatoria oficial)

O vindeiro 4 de marzo o club Firrete celebrará ASAMBLEA XERAL
A reunión ordinaria da Asamblea Xeral do Club Náutico terá lugar o vindeiro domingo, día 4 de marzo, as 11:30 horas en primeira convocatoria , e as 12:00 en segunda , no salón de actos do CENTRO MUNICIPAL DE MAIORES de Pontedeume (Avda. da Coruña s/n). (ver convocatoria oficial)

 

A Real Federación Española de Piragüísmo ven de publicar o CALENDARIO DE COMPETICIONS da Liga Estatal 2007


El pleno eumés aprueba por unanimidad las instalaciones deportivas para el club Firrete
El concejal de Deportes de Pontedeume, Emilio Salorio, se felicitó ayer por la aprobación unánime por parte del pleno del proyecto de construcción de las instalaciones de piragüismo y vela para el club Firrete en la zona portuaria.

 

Equipo campeón de la cuadragésima baixada do Eume.El Firrete Cabreiroá gana el Descenso del Eume
El club de piragüismo Náutico Firrete Cabreiroá de Pontedeume se adjudicó la cuadragésima edición de la Baixada do Eume. La prueba, que resultó especialmente espectacular, contó con la participación de 250 palistas en representación de 35 entidades.

 

Laura Rodiguez, subcampeona de España.

Laura Rodriguez, en K-1, subcampeona de España
La palista del Náutico Firrete, Laura Rodríguez consiguió el pasado sábado la medalla de oro en K-1 dama sénior en el campeonato gallego de velocidad, celebrado en Castrelo do Miño.

VER VISOR DE IMÁXENES

 

Proyecto de la Nueva Sede del Firrete.La sede del Firrete tendrá dos plantas e incluirá un gimnasio
El Firrete tiene más que demostrada su valía deportiva. La tiene porque muchos de sus chavales figuran ya entre los grandes del piragüismo español y la tiene también porque entrenadores, directivos y deportistas llevan años desarrollando su premiada trayectoria en unas instalaciones que el propio edil de Deportes, Emilio Salorio, define como «lamentables».

 

Miguel Soro, campeón de España.Campeón de España a los seis meses de subirse a una canoa
Seis meses sobre una canoa, bien aprovechados, dan para mucho. Lo sabe Miguel Soro López (Pontedeume, 1990). Después de un par de años de entrenamientos «en serio», con el Firrete , en noviembre cambió el kayak por la canoa. Gran elección: a principios de mayo se proclamó campeón de España cadete de c-1 en la modalidad de maratón.

 

Cabreiroá, patrocinador del Firrete.Cabreiroá financiará el Club Firrete durante la presente temporada
Aguas Cabreiroá, empresa de Hijos de Rivera, patrocinará al Náutico Firrete durante esta temporada. La firma brindará su apoyo económico y dotará de material al club eumés.

 

Miguel soro, oro en la nacional cadete de maratón.

Miguel Soro gana el oro en el nacional cadete de maraton
Miguel Soro López, del Náutico Firrete de Pontedeume, se proclamó ayer campeón de España de piragüismo en la modalidad de maratón c-1 cadete. La competición se disputa en el parque de las Pallas, en Zamora, todavía continúa a lo largo de toda la jornada de hoy.

 

 

El Firrete en Palma de Mallorca.

El Firrete viaje a Baleares para la regata estatal de infantiles
El Club Náutico Firrete desplazará este fin de semana a diez deportistas de la categoría infantil, acompañados por dos técnicos, a la localidad de Pollenza, en el norte de Palma de Mallorca.

 

 

 







 

 


Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.