Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

Comunicados socios

small logo

Comunicado CAMPAÑA SOCIOS PROTECTORES

Moi Sr./Sra. Meu/Miña:

O motivo do meu escrito é presentarlle a entidade deportiva que presido, o CLUB NÁUTICO FIRRETE , e darlle conta da “Campaña de Socios Protectores- 2007” que estamos a facer.

O noso fin e o de fomentar a actividade física e deportiva en xeral e do piragüismo en particular, para o que elaboramos anualmente un programa de actividades que atende:

•  Á promoción do piragüismo.
•  Á docencia e tecnificación deportiva.
•  Á práctica deportiva competitiva.
•  Ao piragüismo como actividade lúdico-recreativa.

Con preto de corenta anos de historia, con sede en Pontedeume, un pobo con arredor 10.000 habitantes, ten acadado varias veces o título de Campión de España e sorprender a toda a comarca e ao piragüismo nacional, logrando que un dos seus deportistas se alzase co título de Campión de Europa Júnior .

Dicirlle que, preto de 150 deportistas (máis da metade nenos e nenas de idade comprendida entre os 7 e 14 anos) con licenza federativa adestran connosco de xeito regular no equipo de competición e máis de 2.000 persoas navegan polo menos unha vez en piragua cada ano nas distintas actividades que ofrecemos dentro do plan de Docencia e Promoción e o programa Firrete-Aventura .

Tamén somos a entidade organizadora da “BAIXADA DO EUME EN PIRAGUA”, unha das regatas de maior prestixio en España na modalidade de Descensos de Ríos Deportivos, sendo a terceira competición con máis antigüidade do calendario autonómico, e que neste ano celebramos a 41 edición , puntuábel para a Copa Xunta de Galicia e Copa Deputación Provincial da Coruña, na que aproximadamente trescentos deportistas pertencentes a corenta entidades deportivas tomarán parte.

Para máis información, a nosa páxina web www.firrete.com

Saúdao atentamente,
Ramiro Piñeiro Oliveira
Presidente do Club Náutico Firrete


Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.