Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

Baixada polo Río Eume

small logo

 

¡Un percorrido en piragua polo río das FRAGAS DO EUME!

Aventúrate e descende polas augas do Eume; nun tramo de senlleira beleza paisaxística con augas, xa tranquilas, calquera persoa, tras unhas nocións elementais, navegará desde o último rápido do Eume deica a súa desembocadura na ría de Ares (Pontedeume).

Lugar: Fragas do Eume
Percorrido: Saída do centro de interpretación do parque (o transporte corre a cargo do club) nos achegamos ó lugar da Alameda do Río e despois baixamos ata a desembocadura para chegar diante das instalacións do club no peirao de Pontedeume. Velo esquema.
Obxectivo: Paleo en embarcacións individuais e de equipo polas augas do río Eume (primeiro en ascenso cara o rabión da "Alameda" para comtemplar a súa turbulencia e despois descenso cara a Pontedeume).
Duración: 2 horas, 30 minutos (aprox.)
Contidos: Familiarización coa pa /Transporte e colocación de piraguas/ Posición na piragua/ envorcadura / Remolque e baleiramento / Embarque e desembarque/ Estabilidade na piragua/ Propulsión e manobras/ Traxectorias. (duración 15 minutos)

MATERIAL:
Piraguas:
Canoas: Canoa Ocio-turismo (1 e 2 prazas), Canoa Escola, c-1/c-2/c-4 de competición (diversos modelos).
Kaiaks: Kaiak Ocio-turismo (1 e 2 prazas), Kaiak de mar, Kaiak.polo, Minikaiak, k-1/k-2/k-4 de competición (diversos modelos).
Pas:
Canoa: Pa de canoa en material plástico, fibra de vidro e carbono
Kaiak: Liminat e Rasmussen en material plástico, fibra de vidro e carbono.
Outro:
Chalecos salvavidas, camisetas e calcetíns de neopreno...

CUSTO DA ACTIVIDADE*:
- menos de 3 participantes: 35€ + gastos de monitor
- 3 a 5 participantes: 25€
- 6 a 10 participantes: 20€
- 11 a 15 participantes: 16€
- 16 a 30 participantes: 14€
- máis de 30 participantes: 11 €

 

 

 

ENLACES:
ESQUEMA DA TRAVESÍA
| FOTOGRAFÍAS

______________
(*) Autopistas-Firrete tal como sinalan os seus estatutos no artigo 1 do primeiro capítulo, é unha asociación elementalmente polideportiva con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, que ten como obxectivo exclusivo o fomento e práctica de actividade física e deportiva, sen ánimo de lucro.
- O custo pola actividade é motivado polo pagamento a monitores, mantemento do material e seguros de responsabilidade civil.
- A inscrición pode ser individual ou por grupos, a cota final que se deberá aboar dependerá do número final de participantes na actividade.
- O número máximo de participantes por actividade pode ser fixado, se así o desexa, o participante que realice a inscrición.

Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.