¡Vive o piragüismo desde a óptica das " Travesías en piragua "!
Actividade adaptada ás necesidades e capacidades dos participantes, nos que calquera persoa, tras unhas nocións elementais, embarque sen problemas e se aventure a sucar as augas da ría de Ares (non é necesario ter coñecementos previos de piragüismo).

Lugar: Ría de Ares
Percorrido: Saída do peirao, diante do club Firrete, ata Redes. Velo esquema.
Obxectivo: Paleo en embarcacións individuais e de equipo polas augas da ría de Ares (visitando distintas calas que hai á marxe dereita e esquerda onde se poderán realizar xogos en piragua...).
Duración: 2 horas, 30 minutos (aprox.)
Contidos: Familiarización coa pa /Transporte e colocación de piraguas/ Posición na piragua/ envorcadura / Remolque e baleiramento / Embarque e desembarque/ Estabilidade na piragua/ Propulsión e manobras/ Traxectorias. (duración 15 minutos)
MATERIAL:
Piraguas:
Canoas: Canoa Ocio-turismo (1 e 2 prazas), Canoa Escola, c-1/c-2/c-4 de competición (diversos modelos).
Kaiaks: Kaiak Ocio-turismo (1 e 2 prazas), Kaiak de mar, Kaiak.polo, Minikaiak, k-1/k-2/k-4 de competición (diversos modelos).
Pas:
Canoa: Pa de canoa en material plástico, fibra de vidro e carbono
Kaiak: Liminat e Rasmussen en material plástico, fibra de vidro e carbono.
Outro:
Chalecos salvavidas, camisetas e calcetíns de neopreno...
CUSTO DA ACTIVIDADE*:
- menos de 3 participantes: 25 € + gastos de monitor
- 3 a 5 participantes: 20 €
- 6 a 10 participantes: 16€
- 11 a 15 participantes: 13 €
- 16 a 30 participantes: 10 €
- máis de 30 participantes: 9 €
ENLACES:
ESQUEMA DA TRAVESÍA | FOTOGRAFÍAS
______________
(*) Autopistas-Firrete tal como sinalan os seus estatutos no artigo 1 do primeiro capítulo, é unha asociación elementalmente polideportiva con personalidade xurídica propia e plena capacidade de obrar, que ten como obxectivo exclusivo o fomento e práctica de actividade física e deportiva, sen ánimo de lucro.
-
O custo pola actividade é motivado polo pagamento a monitores, mantemento do material e seguros de responsabilidade civil.
- A inscrición pode ser individual ou por grupos, a cota final que se deberá aboar dependerá do número final de participantes na actividade.
-
O número máximo de participantes por actividade pode ser fixado, se así o desexa, o participante que realice a inscrición.





