Outro dos grandes obxetivos do club pasa por facer do piragüismo un "Deporte para todos" na nosa localidade. Ofertaránse distintas actividades co fin de que os nosos socios empreguen a piragua no seu tempo de lecer.
Para isto, o club pon a súa disposición un cadro de técnicos perfectamente capacitados para asumiren este tipo de traballo e deseñaren a preparación máis idónea para cada persoa.
O control de paleo para este grupo de persoas, así como a organización de actividades específicas para este tipo de socios, como saídas a diferentes entornos naturais para gozar dun paseo en piragua, conformarán o groso do programa.





