Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

INFORMACIÓN

small logo

 

24 de marzo de 2008
O club náutico FIRRETE aproba os proxectos de actividades para a tempada 2008

Asamblea xeral do FirreteOs socios do club eumés reunidos en asemblea  xeral o pasado domingo-23, aprobaron o proxecto de actividades e de orzamentos para a tempada 2008.

O EQUIPO DE COMPETICIÓN formado por preto de douscentos padexeiros, e que iniciou a súa preparación o pasado mes de outubro, ten como obxectivo a participación do club na 6ª edición da LIGA NACIONAL DE PIRAGÜISMO e na COPA XUNTA DE GALICIA, que serán a principal actividade competitiva na que tome parte o club buscando colocarse nas primeiras prazas de clasificación.

O deseño de competicións que se estableceu para a tempada 2008  obrigará aos eumeses a realizar preto de cincuenta desprazamentos para estar presentes nas competicións máis importantes de carácter autonómico e nacional.

Non podemos despistarnos e esquecer que o club é unha entidade de carácter social que celebra e organiza outras actividades como son as da formación permanente, o goce da piragua como medio de mantemento físico-emocional (EQUIPO DE LECER-TURISMO), e as dirixidas á captación turística (programa FIRRETE-AVENTURA).

Toda iso, sumado ás actividades expostas dende a ESCOLA MUNICIPAL DE PIRAGÜISMO, permitirá que máis de dúas mil persoas gocen da piragua nun contorno envexable como é o da ría de Ares, río Eume e as Fragas do Eume, nas que se atopa o fermoso enclave de Caaveiro; o que fai do club Náutico Firrete un dos máis importantes de Galicia no deporte do Piragüismo.


Por outra banda, non podemos esquecernos que o club organizará, unha edición máis da BAIXADA DO EUME EN PIRAGUA (42ª). A data de celebración será o 7 de setembro e puntuará para a Copa Xunta de Galicia.

Ademais, o 12 de xullo o Firrete organizará en Pontedeume (nas inmediacións do paseo marítimo) unha das catro regatas de carácter autonómico puntuables para o Gran Premio de Galicia de Alevíns e Benxamins.

O club eumés conta cun orzamento de 125.000,00 euros para levar ao cabo todos os seus programas.

 

 

 







 

 


Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.