24 de febreiro de 2009 O C. N. FIRRETE COMEZA A TEMPADA SUBÍNDOSE AO CAIXÓN ![]() Na primeira cita oficial da tempada, Control de auga de inverno disputada no encoro de Castrelo de Miño (Ourense), o C. N. Firrete logrou unha grande actuación subindo ao terceiro caixón do podio, despois de sumar 1242 puntos, o que demostra o seu potencial para esta nova campaña, o Kaiak Tudense que con 2779 puntos alzouse coa vitoria, seguido do Club Ás Torres con 1559. Os cinco primeiros postos completárono os clubs Adz Iberdrola-Caja España Zamora e o Club Breogan Outon- Xunqueiriña con 957 e 891 respectivamente. O Firrete conseguiu meter en control 13 dos 15 padexeiros que desprazou ata Castrelo, cabe destacar a actuación do novo Jorge Lage que sendo padexeiro do primeiro ano da categoría cadete logrou colgarse a medalla de bronce. Non tivo tanta fortuna o seu compañeiro de categoría Carlos Quintian, que quedou a tan só 12 segundos de entrar en control. Tamén cabe destacar a actuación de Yeray Picallo, que demostrou o seu potencial ao colgarse a medalla de prata solo superado polo seu compañeiro no programa Promesas 2012, Manuel Antonio Campos, gañador dunha competidísima regata de c1 sénior na que Miguel Soro, no seu primeiro ano na categoría, quedo fóra de control. Na estrea da categoría muller canoa cadete, Cristina Vázquez e Mirella Loures colgáronse as medallas de prata e bronce. Brais Casàs, Pablo García e Juan Carlos Varela obtiveron as prazas 4º, 7º e 10º respectivamente na categoría c1 cadete, e Andrea Pérez, Noemí Castro e Olalla García, ocuparon a 10º, 12º e 13º na categoría de muller cadete. Laura Rodríguez e Rebeca Vázquez foron 4º e 8º en muller dama senior, o campionato pechouno para o Firrete a 10º posición de Antonio Rey no k1 xuvenil. A próxima cita será o Campionato Galego de inverno que se disputará no encoro de Castrelo de Miño (Ourense) o día 7 de marzo,
|






