Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

INFORMACIÓN

small logo

 

22 de xullo de 2009
Dous podiums por clubs para o C.N. Firrete na fin de semana en outes

Outes converteuse esta fin de semana na capital do piraguismo galego, co C.N. Firrete como gran protagonista.

Dous podiums por clubs para o C.N. Firrete

O sábado celebrouse o trofeo taxamar na modalidade de ríos e travesías, para as categorías senior junior e cadetes, onde o Firrete obtivo a terceira praza.

O domingo foi a quenda para os mais pequenos onde o Firrete demostrou a súa supremacía ao impoñerse por terceira vez nas catro regatas de promoción disputadas ata o momento.

A nivel individual destacar as vitorias do sábado de Juan CarlosVarela y Brais Casas en c-2 cadete, de Andrea Pérez e Olalla García en K-2 Dama cadete, de Pablo García en c-1 cadete ou a 2ª posición de Laura Rodríguez e Rebeca Vázquez en K-2 Dama Senior.

O domingo 4 foron as medallas para os deportistas eumeses; prata para Javier Piñeiro e Simon Pérez en c-2 infantil B, para Eva Painceiras e Loreto Feal en K-2 dama Infantil B e para Antía Sánchez e Jessica Regueiro en C-2 dama A categoría na que Pomba Piñeiro e Graciela Rico tamén do Firrete foron terceiras.

 

 







 

 

Paxina web subvencionada por Xunta de Galicia.

Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.