20 de marzo de 2009 O CLUB EUMÉS DESPRAZARÁ 12 DEPORTISTAS Á CITA O C.N Firrete participará esta fin de semana (21 e 22 de Marzo) no Campionato de España de fondo, primeira proba puntuable para a Liga Nacional de Piragüismo, que terá lugar na Isla de la Cartuja (Sevilla), a partir da 09:00 h do sábado. ![]() A competición desenvolverase en embarcacións individuais, k-1 e c-1, para as categorías cadete, xuvenil e sénior. Haberá unha previa de 2000 mts contra o reloxo e os 60 mellores tempos de cada categoría disputarán a final sobre 5000 mts. O Firrete tratará de referendar o seu bo estado de forma, e colocarse entre os primeiros clasificados dunha lista de clubs que rolda Doce (12) serán os deportistas que partan dende Pontedeume; Jorge Lage representarannos en K-1 Cadete, Brais Casás, Pablo García e Juan Carlos Varela en c-1cadete, Andrea Pérez, Noemi Castro e Olalla García en K-1 muller cadete, Cristina Vázquez e Mirella Lourés en c-1 muller cadete, Antón Rey en k-1 xuvenil e os integrantes do programa Londres 2012: Yeray Picallo e Miguel Soro en C-1 Sénior, todos eles acompañados polo seu adestrador Oscar Calvo. A próxima cita do calendario nacional será o 18 e 19 de abril coa celebración da Regata Nacional de 1000 mts en Trasona (Avilés). |






