Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

INFORMACIÓN

small logo

15 de decembro
ACTO DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO DE INSTALACIÓN DEPORTIVA PARA O FIRRETE

Acto de presentación do proxecto

O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, visitou onte a vila de Pontedeume para anunciar o compromiso da Xunta con respecto á construción da instalación náutica-deportiva que acollerá ao Club de Piragüismo eumés.

Agradecemento da Xunta Directiva

Van xa 41 anos, dise pronto, 41 anos de historia dun club que nace do río. Como xa a comentou en varias ocasións, as primeiras padas danse nunha piragua que quedara abandonada tras romper na 2ª Baixada do Eume, alá polo ano 1968.

Son 41 anos de idas e vindas, de "buscarse a vida", de okupar locais que ían quedando en desuso, acondicionándoos na medida das nosas posibilidades. Son tamén 41 anos de loita, de pelexa por unhas instalacións dignas, acordes ao nivel que demostrou esta entidade.

Unhas instalacións ás que se poida chegar cos pés mollados e saír con eles secos. "Até os paxaros teñen casa", dicía con ironía un ex presidente do club. Parece que dunha vez por todas podemos ver a luz ao final do túnel.

Os que estamos agora queremos resaltar e agradecer a todos aqueles piragüistas, adestradores e directivos que durante todos estes anos, aínda ocupando instalacións lamentábeis, fixeron un Club e que grazas ao seu esforzo ese gran Club que leva por nome Club Náutico Firrete axiña disporá dunha instalación deportiva digna e acorde co labor que se fai e sempre se fixo.

Simulación do proxecto

Queremos facer facer público o noso agradecemento ao Concello de Pontedeume: grazas ás xestións que están a facer con Portos de Galicia o noso soño converterase en realidade. 

Esta vez si se están a atender as nosas demandas e pronto veremos ao Firrete, esa andoriña de mar, de pescozo negro, con grandes aptitudes para a pesca, coñecida entre outros nomes como Charrán, Pirrín, e que só na ría de Ares recibe o nome de Firrete, ocupar o  niño tan arelado.

Esperemos que xa nada se torza e pronto poidamos ver feito realidade o sono de todos nós, e doutros moitos que quedaron no camiño.

Xunta Directiva
Club Náutico Firrete

 

 

 

 

 







 

 


Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.