13 de setembro O C. N. Firrete conseguiu a vitoria no Campionato de España de infantís celebrado este fin de semana en Verducido (Pontevedra) cun total de 466 puntos, por detrás: o club Piraguismo Aranxuez con 384 puntos ocupou o segundo lugar e o Club As Torres de Catoira foi terceiro con 296 puntos. ![]() O Firrete que desprazou a 35 padexeiros a Verducido para competir sobre unha distancia de 1.000mts. conseguiu nada menos que 11 metais: 4 de ouro, 3 de prata e 4 de bronce. O primeiro ouro foi para Antía Sánchez na categoría C-1 muller infantil A, e o segundo para David Amenedo en C-1 infantil A. As C-2 de Javier Piñeiro e Simón Pérez en infantís B e Nuria Painceiras e María García en infantís A tamén conseguiron a vitoria. As pratas foron para Eva Painceiras e Nuria Painceiras en C-1 muller infantil B e A respectivamente e para a C-2 de Eva Painceiras e Loreto García. Simón Pérez completou un gran campionato ao conseguir dous bronces máis, un en categoría individual C-1 infantil B e outro en C-4 infantil B acompañado de Javier Piñeiro, David Dopico e Brais Seijas. Os outros dous bronces conseguiunos Esther Rodríguez en C-1 infantil B e en C-2 acompañada de Ana Varela. |






