Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

INFORMACIÓN

small logo

 

9 de Marzo de 2009

O C. N. FIRRETE TERCEIRO NO CAMPIONATO GALEGO

Todo o equipo en Castrelo do Miño

O Campionato Galego de inverno disputado no encoro de Castrelo de Miño (Ourense) proclamou como campión o club Kayak Tudense con 3055 puntos, seguida de Ás Torres con 1756 puntos. O C.N. Firrete repetiu posición quedando de terceiro con 1308 puntos, e consolidándose nos postos de podio a nivel galego.

As cinco primeiras posicións completáronas o club Breogán do Grove e O Muiño de Rivadumia con 1155 e 860 puntos respectivamente.

O Firrete conseguiu meter en control 14 dos 16 padexeiros que desprazou ata Castrelo, que obtiveron os seguintes resultados. Na primeira regata do día que se disputaba ás 10 da mañá, Brais Casás obtiña un bronce mentres que os seus compañeiros Pablo García e Juan Carlos Varela quedaban 7º e 8º respectivamente. Tamén cabe destacar a actuación de Yeray Picallo, que demostrou o seu potencial ao colgarse a medalla de prata, esta vez superado por Jose Luis Bouza tamén integrante do programa Promesas Londres 2012.

Miguel Soro no seu primeiro ano na categoría esta vez se conseguiu entrar en crono quedando nunha discreta 18º posición, e Pablo Provecho quedou fóra de control.

Cristina Vázquez e Mirella Loures colgáronse as medallas de ouro e prata na categoría de muller canoa cadete. O kaiakista cadete Jorge Lage non puido repetir podio ao sufrir problemas físicos que o relegaron á 15º posición nunha regata na que Carlos Quintián esta vez se consiguó meterse en control na 26º posición.

Andrea Pérez e Olalla García, ocuparon a 10º, 11º e Noemi Castro quedou fóra de control nunha disputadísima regata na categoría de muller cadete.

Laura Rodríguez e Rebeca Vázquez foron 7º e 8º en muller dama senior, o campionato o cerrò para o Firrete a 13º posición de Antonio Rey no k1 xuvenil.

A próxima cita será o Campionato España de inverno que se disputa en Sevilla o día 21 de marzo, no que o C. N. Firrete espera cando menos mellorar a actuación de anos anteriores dado o potencial que están a mostrar os seus padexeiros esta tempada.

 

VER TABOA DE RESULTADOS

 

 

 







 

 


Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.