Outubro de 2008
OS DEPORTISTAS DO FIRRETE INICIAN OS ADESTRAMENTOS DE PREPARACIÓN PARA A TEMPADA 2009
Os padexeiros do club eumés afrontan con gran ilusión o comenzo dunha nova campaña que os levará a partir do próximo mes de febreiro a padexar de novo por toda España.
O obxectivo é mellorar os bos resultados desta última tempada: 7º club clasificado na LIGA NACIONAL (2º posto no Gran Premio de promoción) e a 3ª plaza cosechada na Copa Xunta de Galicia.
Para iso o club conta cun equipo de case douscentos padexeiros entre os que hai xa auténticas promesas deste deporte.
Miguel Soro e Yeray Picallo ao Equipo Promesas 2012.
Os dous canoistas eumeses que competirán na categoría senior incorporáronse o 1 de outubro ao equipo “Promesas 2012”. Tratase dun proxecto deportivo cofinanciado pola Xunta de Galicia, a Federación Galega de piragüismo e a Real Federación Española desta mesma modalidade, para preparar un grupo de adestramento que pretende ser a columna vertebral do equipo olímpico en Londres 2012.
Brais Casás e Jorge Lage adestran no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD)
Brais, canoista cadete e Jorge, kayakista na mesma categoría, compaxinarán os seus adestramentos coa dirección técnica do CGTD, de luns a venres, e a do Club Náutico Firrete, os fins de semán.
Os dous deportistas, de catorce anos, foron seleccionados para traballar nun programa de tecnificación no que poderán compatibilizar en inmellorables condicións os seus estudos na E.S.O. co piragüismo.
|