Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

Memoria de actividades

small logo
equipo firrete 2007


Tempada 2007

            A tempada 2007 foi para o Club Náutico Firrete, ao igual que para todos os Clubs que compiten a nivel nacional, unha tempada intensa en canto a número de asistencias a regatas se refire. A disputa da V LIGA NACIONAL DE PIRAGÜISMO, a participación na COPA XUNTA e o programa FIRRETE-AVENTURA supuxeron para o club eumés un grande esforzo tanto económico, como de recursos humanos.

            A aposta da Xunta Directiva por atender tanto ao deporte de competición coma ao de promoción e ocio está a dar bos resultados. Cada vez son máis os eumeses e eumesas, así como outras persoas da bisbarra, que se apuntan ao Club para gozar deste deporte. Melloramos con respecto a anos anteriores a nosa clasificación na Liga Nacional e no gran Premio de promoción de Galicia, e aumentamos significativamente o número de deportistas nas categorías inferiores.

Sinalamos que, no que se refire a competicións oficiais, a participación do club Náutico Firrete comezou o sábado 17 de febreiro, coa asistencia ao tradicional Control de Auga de Inverno e tivo a súa fin o 15 de setembro coa participación no Descenso do Sil.

Preto de douscentos deportistas federados afiliados ao club tomaron parte en actividades de competición mentres que máis de dúas mil persoas participaron nalgún tipo de actividade de ocio ou curso de iniciación que organizou o club.

 

•  EQUIPO DE COMPETICIÓN

A participación do club na V Liga Nacional de Piragüismo na que se obtivo o décimo posto (1º club da provincia de A Coruña) entre cento corenta equipos participantes; a XIX Copa Xunta de Galicia de Piragüismo na que o Firrete ocupou a cuarta posición (1º Club da provincia da Coruña).

Este ano a estratexia de elección por parte do equipo técnico para puntuar nas clasificacións globais da Copa Xunta e a Liga Nacional, a partir das cales se establece o ránking de axudas económicas, provocaron a ausencia por coincidencia de regatas en varias regatas de Grande Premio de Ríos e Travesías.

Por iso e ao igual que sucedeu en anos anteriores, na nosa memoria as clasificacións parciais dos Grandes Premios perden relevancia en favor das clasificacións xerais da Copa Xunta de Galicia e a Liga Nacional.

Preto de cen deportistas infantís e alevín estiveron nas regatas do seu Grande Premio (Promoción), mentres que ás regatas puntuábeis nos outros dous grandes premios nos desprazamos cun equipo que superou os cincuenta piragüistas pertencentes ás categorías cadete, júnior e sénior.

            Facendo unha comparativa con respecto á tempada pasada, sinalamos que o club mellorou no que se refire a resultados deportivos en competicións deportivas oficiais. Pasamos a colocarnos entre os 10 mellores clubs de España (10º fronte ao 13º posto do 2006 ou o 19º do 2005) na Liga Nacional.  Na Copa Xunta melloramos tres postos con respecto ao 2006, fomos cuartos sendo tan so superados polos tres millores equipo de España; As Torres, o Kayak Tudense e o Breogán de O grove, e superando a clubes de gran calidade como son o Ría de Aldán ou A Illa de Arousa.

Dende a Xunta directiva subscribimos que as cousas se están a facer ben e axiña volveremos, con permiso das novas xeracións de Pontedeume e a solución da instalación, a ver ao Firrete subir ao podio na Liga Nacional.

A NIVEL INDIVIDUAL, de todos os deportistas do club, cabe destacar a labor de Yeray Picallo e Laura Rodriguez García que nos seus primeiros anos na categoría senior están a demostrar que teñen moito que decir neste deporte e xa comparten finais cos padexeiros do equipo nacional.

Destacada foi tamén a campaña realizada por Aarón Casás e Miguel Soro (canoístas junior), en la foto, que obtiveron a medalla de bronce no Campionato de España de pista tanto en c-2 coma en c-4 acompañados por Antón Rey e Sergio Vázquez .

Entre os máis pequenos destacaremos sobre todo o grupo que chegou a roldar os cen compoñentes e que foron quen de facer subir de novo ao Firrete ao podio da clasificación por clubs, augurando un futuro prometedor para este equipo.

Ademais, no plano individual Brais Casás demostrou ser o mellor canoista B de España, vencendo en todalas regatas disputadas, tanto nacionais como autonómicas. Outros palistas infantís e alevíns como Jorge Lage, Gonzalo Allegue ou Claudia Paz tamén subiron o podio en diferentes regatas.

 

•  DOCENCIA // EQUIPO OCIO-TURISMO // FIRRETE-AVENTURA

O mantemento da Escola Municipal de Piragüismo, a celebración de cursos de iniciación á piragua, así como outras actividades de promoción do piragüismo que sinalamos a continuación, centraron outro ano máis a actividade non competitiva do club. Como diciamos, máis de dous mil persoas pasaron polas nosas instalacións para entrar por primeira vez nas súas vidas en contacto coa piragua e o seu ámbito.

            Realizando un resumo das actividades de ocio-turismo organizadas podemos citar:

  • Iniciación ao piragüismo (itinerario ambientais en piragua) dirixido aos centros educativos do Concello de Pontedeume (maio-xuño). 500 participantes.
  • Cursiño de Iniciación e perfeccionamento ao piragüismo (semana santa-xuño-xullo-agosto-setembro). 150 participantes.
  • Rutas en Piragua pola ría de Ares para centros de ensino (de outubro a xuño). 500 participantes.
  • Rutas en Piragua pola ría de Ares e río Eume dirixidas a turistas (todo o ano). 400 participantes.
  • Equipo de ocio-turismo, actividades dirixidas polo equipo técnico de Club e paleo libre (todo o ano). 60 participantes.
  • Piragüismo para minusválidos (Special Olimpics). 200 participantes.
  • Escuela de Piragüismo en Xuvia ( Narón ). .30 participantes.
  • Actividades en piragua en convenio con distintos concellos e entidades; Redes, Ares, Sada, Mugardos...). (300 participantes).

 

 

ENLACES:
RESULTADOS EN LAS COMPETICIONES EN LAS QUE PARTICIPAMOS

 

 

Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.