Pontedeume se vistió de oro y de recuedos (LA VOZ DE GALICIA 09-09-09).

O Firrete gaña a multitudinaria Baixada do Eume en piragua
O Náutico Firrete proclamouse, o pasado 7 de setembro, campión da edición número 42 da Baixada do Eume en piragua, unha das grandes citas do calendario español. A proba reuniu a 246 piragüistas de 28 clubs de todo o noroeste peninsular. A regata converteuse tamén nunha homenaxe a título póstumo ao deportista José Ramón Corral Bustabad, falecido en xaneiro nun accidente aos 34 anos. (LA VOZ DE GALICIA 08-09-09).

PERCORRIDO ATÍPICO
(A organización viuse obrigada a variar o percorrido)
O trazado tradicional da baixada, cheo de dificultades nos seus primeiros 7 kilometros onde os piragüistas deben sortear rápidos e presas, SERA ACURTADO.
O baixo caudal de auga no río eume, unha das medidas impostas pola Consellería de Medioambiente para tratar de restablecer os parámetros normais da súa acidez, e evitar a mortandaz de máis salmónidos, fai practicamente imposible a navegación en piragua polos rápidos.
Por iso, a organización da “Baixada” decideu adiantar a saída dos participantes ao lugar de “A Xunqueira” (próximo ao centro de recepción de visistantes) e evitar así a masiva rotura das piraguas. Un recorte de máis de sete kilometros no trazado habitual, o que fai que os piragüistas naveguen por augas tranquilas e tan só 5 quilómetros.
- A META queda establecida nas proximidades da “Ponte de Pedra”. Do mesmo xeito que o ano pasado tirarase unha liña de boias desde a ponte da autoestrada para que conduza aos piragüistas paralelos ao paseo marítimo de Pontedeume.
- Habilitarase no porto de Pontedeume o APARCADOIRO para as furgonetas e demais vehículos dos participantes. Os piragüistas poderán utilizar os VESTIARIOS CON DUCHAS do Pavillón Municipal de Deportes.
- PREMIOS ESPECIAIS:
- Entrega dunha K-1 ao primeiro club clasificado. O citado premio denominarase 22 Trofeo Endesa.
- Premios Cabreiroa:
1 K-2 home senior clasificada: trofeo + 600,00 euros.
1 K-1 home senior clasificado: trofeo + 300,00 euros.
1 K-1 muller senior clasificada: trofeo + 300,00 euros.
1 C-1 home senior clasificado: trofeo + 300,00 euros.
No caso de que unha embarcación tripulada por piragüistas pertencentes a outras categorías (veteranos, junior ou cadete) chegase antes a meta, habéndose efectuada a saída destes deportistas ao mesmo tempo ou con posterioridade, pasarían a ser merecedores de devandito trofeo e talón.
Xunta Directiva
Club Náutico Firrete
DESCARGAS:
- CARTEL oficial
- REVISTA da Baixada
ENLACES: Memoria 43ª BAIXADA DO EUME | Memoria 41ª BAIXADA DO EUME | Memoria 40ª BAIXADA DO EUME | Historia da baixada do Eume






