Un ano máis, a Xunta Directiva do Club Náutico Firrete organizou o evento deportivo con máis tradición na Vila dos Andrade (Pontedeume), a Baixada do Eume en Piragua.
A Baixada do Eume, competición de maior antigüidade do deporte da piragua na provincia da Coruña, e a terceira, tras a Copa Miño de Lugo e a Travesía Ría de Foz, de todo o territorio galego, que é o mesmo que dicir unha das máis antigas de España; foi o este ano pasado puntuábel para a Copa Xunta de Galicia (Gran Premio de Ríos e Travesías) e Copa Deputación da Coruña.
O nove de setembro cumpríanse catro décadas de Baixada e o Firrete aproveitou a ocasión para lembrar a figura de Don Jacinto Regueira Alonso. O Club eumés adicou a XL Baixada á memoria do xuíz-arbitro internacional D.Jacinto, promotor da 1ª edición. O Club Náutico Firrete a quiso darlle as grazas a quen fora Presidente de Honra do Club, e amosou a súa gratitude ao gran culpábel de que a Pontedeume chegase a K-2 na que o piragüismo eumés se bautizou.
Integrada nos actos das festas patronais patronais (As Festas das Peras), o sábado 09 de setembro, a partir de las 17:30, preto de douscentos piragüistas pertencentes a trinta e catro clubs gozaron do seu percorrido tradicional.
Nas proximidades do mosteiro de Caaveiro, dende o segundo refuxio do Eume para os Homes Kaiak (K-1 e K-2) e desde o primeiro para as damas Kaiak e Homes Canoa (K-1 e C-1 respectivamente), os xuíces enviados pola Federación Galega de Piragüismo, entidade que, ademais de autorizar a competición colabora anualmente co Club Náutico Firrete na organización, deron a saída seguindo o regulamento ás embarcacións participantes segundo categoría e modalidade.
Os competidores que lograron chegar á meta, situada no paseo marítimo, preto da Ponte de Pedra, e tras percorrer uns 12 quilómetros os que partiron no 2º refuxio e 8 km. os que se puxeron en marcha no primeiro, foron fortemente ovacionados polo numeroso público asistente, que ao igual que en practicamente todo o percorrido apoiou aos piragüistas que daban colorido ao Parque Natural das Fragas do Eume.
Resultados
A primeira embarcación K-2 SÉNIOR en cruzar a liña de meta foi a formada por Francisco Vázquez Redondo e Rodrigo Tiebo Pérez do Club Mar Ría de Aldan-Hermanos Gandón, que cun tempo de 44:40 avantaxaban nun minuto e vinteún segundos á parella formada por Daniel Feijoo e Carlos Pedreira do Club Piragüismo Grupo Xuvenil; Jose Lage e Martín Carballo do Piragüismo Ciudad de Lugo-Leche Río cruzaban a meta en terceiro lugar cun tempo de 46:38.
Pola súa banda, en K-1 SÉNIOR, Jesús Rodríguez León do Club Oviedo Kayak-Escuela Ovetense de Piragüismo impoñíase por quinto ano consecutivo e ocupaba a primeira praza por diante de Marcos Terzado (Club Piragüismo Río Verdugo) e de Jovino González (Club kayak Tudense).
No que se refire á competición de DAMAS E CANOAS SÉNIOR destacamos a actuación de Xosé Vales Fernández do Club Náutico Ría de Betanzos que foi o primeiro canoísta en cruzar a liña de meta; por detrás entraban Manuel Garrido (Kayak Tudense) e Pablo Provecho (Club Náutico Firrete-Cabreiroa). Olga Navarrete Cabezas do Club Náutico Cambre facía por quinto ano consecutivo o propio en k-1 damas, avantaxando a Rebeca Vázquez (Club Náutico Firrete) e a Alexia Simón (Club Piragüismo Río verdugo).
En canto á clasificación do resto das categorías, estes foron os gañadores de cada unha delas:
¬ K-2 JÚNIOR: Marcos Rodríguez e Lago Prieto (Club Fluvial de Lugo)
¬ K-2 CADETE: Rodrígo Vázquez e Andre Corredoira (Club Fluvial de Lugo)
¬
K-1 JÚNIOR: Adrían Carpente (Club Deportivo Náutico de Miño)
¬ K-1 CADETE: Diego Castro (Club piragüismo Vilaboa)
¬ C-1 JÚNIOR: Aarón Casás (Club Náutico Firrete- Cabreiroa)
¬ C-1 CADETE: David Maquieira (Náutico O Muíño de Ribadumia)
¬ K-1 DAMA JÚNIOR: Rocio Pazos (Club Piragüismo Vilaboa)
¬
K-1 DAMA CADETE: Sabela Castro (Club de Piragüismo Ciudad de Lugo-Leche Río)
¬ K-1 VETERANOS: Celso Martínez (Club Náutico Cobres)
O Club NAÚTICO FIRRETE-CABREIROA foi o vencedor absoluto por equipos do 19º TROFEO ENDESA cun total de 166 puntos. Acompañárono no podio o CLUB PIRAGÜISMO VILABOA, que con 139 puntos foi o segundo clasificado, e o CLUB PIRAGÜISMO ILLA DE AROUSA que con 118 puntos tivo que se conformar coa terceira posición.
Entrega de premios
Como todos os anos, o acto de entrega de trofeos aos vencedores tivo como lugar de celebración "A Praza Real de Pontedeume", á que acudiron numerosos afeccionados a este deporte con gran tradición local; visitantes e acompañantes dos deportistas ovacionaron aos gañadores.
Presidido polas autoridades autonómicas, provinciales, locales e deportivas, así como polos representantes dos patrocinadores do Club, Endesa (patrocinador da baixada) e Cabreiroa (patrocinadora do Club), acompañados polo Presidente del club, Ramiro Piñeiro, o acto tivo lugar as oito da tarde.
A Baixada do Eume máis emotiva das celebradas ata o momento, poñía nestes intres en escea a Don Eliodoro Zapata Regueira (representante da familia de Don Jacinto) quen dende a tarima de entrega de trofeos dirixiase ao pobo de Pontedeume para recordar ao seu tío, Don Jacinto Regueira Alonso, e agradecer ao Club Náutico Firrete este homenaxe.
Este foi xunto co arroxamento ao río eume, momentos previos a saída dos piragüistas, dun ramo de frores en recordo do noso xuíz-arbitro, o momento máis emotivo do día.
Emilio Salorio Fraga, Concelleiro de Deportes, toma a palabra para destacar a labor e vinculación co piragüismo eumes de D. Jacinto.
O alcalde de Pontedeume, Belarmino Freire Bujía fai entrega a familia do homenaxeado dun trofeo-placa conmemorativa.
Agradecementos
Para rematar, queremos desde o Firrete facer público o noso agradecemento ás institucións e empresas que fan viables os nosos proxectos. O patrocinio da regata corre a cargo de Endesa (Trofeo Endesa), ao que se suman as subvencións da Fundación Deporte Galego, Dirección Xeral de Deportes da Xunta, Deputación da Coruña e Concello de Pontedeume.
Cabreiroa, marca patrocinadora do Club Náutico Firrete, se suma ás aportacións económicas de case un centenar de empresas.
A organización destaca tamén a colaboración prestada pola Federación Galega de Piragüismo, a Guardia Civil de Tráfico, Policia Local, Protección Civil de Pontedeume e a Comisión das "Festas das Peras".
ENLACES: GALERIA DE IMÁGENES | Memoria 43ª BAIXADA DO EUME | Memoria 42ª BAIXADA DO EUME| Memoria 41ª BAIXADA DO EUME | Memoria 40ª BAIXADA DO EUME | Historia da baixada do Eume






