Acceso a la portada de la web.

FEDERACIÓN GALEGA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)REAL FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa) ORGANIZACION EUROPEA DE PIRAGUISMO. Enlace web. (pulsa)

Baixada do Eume

small logo

 

Por todos e ben coñecida a dúbida existencial de quen é antes, se a galiña ou o ovo, pois ben, no club eumés témolo moi claro, primeiro veu a regata e logo o club, é dicir, primeiro foi a Baixada do Eume e tras ela apareceu o Firrete.

Como verdadeiro símbolo da nosa entidade deportiva cada ano pensamos na procura de recursos, tanto humanos coma económicos, que fagan posíbel a celebración dunha edición, que sexa mellor e con maior brillantez que a anterior; a sabendas que é o noso gran escaparate.

Por isto, cada ano e segundo termina unha edición da regata, pensamos na procura de recursos, tanto humanos como económicos, que fagan posíbel a celebración dunha próxima edición, que sexa mellor e con maior brillantez que o anterior.

Cada ano preto de trescentos piragüistas pertencentes achegados de diferentes equipos da comunidade galega, de clubs de comunidades próximas como Asturias ou Castilla León e algún representante de Portugal disputan unha regata que puntuábel para a clasificación da Copa Xunta de Galicia.

É a festa das piraguas en Pontedeume, que tradicionalmente se celebra a primeiros de setembro, integrándose tamén no programa das Festas Patronais, "As Peras" .

Como todos os anos, o acto de entrega de trofeos aos vencedores ten como lugar de celebración “A Praza Real de Pontedeume”, á que acuden numerosos afeccionados a este deporte con gran tradición local; visitantes e acompañantes dos deportistas ovacionan aos gañadores.

Apunte histórico

A orixe da Baixada do Eume en Piragua remóntase ao 9 de setembro de 1967 cando a Federación Coruñesa de Piragüismo, en colaboración coa comisión de Festas de Pontedeume e baixo o patrocinio da O.S. de Educación e Descanso, organizaba unha regata na que participaron un total de 19 piraguas.

Oito K-2, nove K-1 e dúas C-2 pertencentes aos clubs Fluvial de Lugo, Alcalá Galiano de Ourense, Beiramar da Coruña, Naval de Pontevedra, Ancares de Lugo e Cidade Xardín da Coruña, disputaban este primeiro descenso onde os vencedores absolutos en K-2 foron Angel Villar, "Chilares" para os amigos do piragüismo, e Manuel Pérez do Fluvial de Lugo, cun tempo de 51'27".

A súa historia comeza grazas a unha persoa cuxa vida estivo sempre ligada ao piragüismo, falamos de D. Jacinto Regueira Alonso. Como presidente da Federación Lucense e máximo responsable do piragüismo galego, a mediados dos anos sesenta ideou un programa para fomentar a práctica do piragüismo, este baseábase na organización de competicións en localidades que contasen con medio acuático. O tempo deulle a razón e en moitos dos lugares onde se celebraban regatas, tarde o cedo, xurdía un club de piragüismo.

Percorrido

O seu percorrido tradicional - ver mapa - no contorno da última fraga atlántica autóctona, que se inicia á altura da colexiata de San Xoán de Caaveiro e finaliza baixo a ponte de ferrocarril, xa na ría, e tras ter cruzado uns centos de metros antes baixo a ponte que mandara construír Fernán Pérez de Andrade, coñecida en Pontedeume pola "Ponte de pedra"; desenvólvese nun gran marco natural que, xunto á proliferación de presas, rápidos e todo tipo de obstáculos que se atopan ao longo do río, converte o Descenso do Eume nunha das probas máis duras, exixentes e espectaculares do deporte do piragüismo en España. Os piragüistas deben demostrar a súa destreza en distintos tramos catalogados en nivel de dificultade de grao II e III, máximo recomendábel para competicións deste tipo.

Nas proximidades do mosteiro de Caaveiro, dende o segundo refuxio do Eume para os Homes Kaiak (K-1 e K-2) e desde o primeiro para as damas Kaiak e Homes Canoa (K-1 e C-1 respectivamente), os xuíces enviados pola Federación Galega de Piragüismo, entidade que, ademais de autorizar a competición colabora anualmente co Club Náutico Firrete na organización, dan a saída seguindo o regulamento ás embarcacións participantes segundo categoría e modalidade.

Os afeccionados amoréanse no rabión da saída, do Rabión de Máiz, as Tres Marías, as Ferrerías, a Presa Pequeaa, O Cabalo e o Rabión da Alameda; a partir do cal os palistas dispóñense sen tanto trafego a palear en augas tranquilas durante cinco quilómetros.

É tamén singular e digno de ver a caravana de bicicletas, motos e coches que acompañan aos participantes pola estrada que discorre á marxe esquerda de río. Son continuos os ánimos, asubíos e incluso axudas en caso de volta ou roturas das piraguas.

ENLACES: Memoria 41ª BAIXADA DO EUME | Memoria 40ª BAIXADA DO EUME | Historia da baixada do Eume

DESCARGAS:
- REGULAMENTO da 41 Baxidada do Eume
- CARTEL oficial
- REVISTA da Baixada

EMPRESAS COLABORADORAS:
____ ____ ________
____________
____________

____________
____ ___

Ouro: A Cociña - Academia Vila - Agestión - Albergue Alvarella - Bar A Girandola - Bar D’Jes - Bar Eclipse - Bar El Diañu - Bar La Ruta - Bar O Triskel - Bar Tostaky - BBVA - Cantina Río Covés - Confitería El Carmen - Fotocopias Joypa - Fotografo Jorge Sarmiento Calvo - Freixo Café - Galia Vending - La Caixa - La Tienda de Popola - Manuel - Rey-Concesionario Peugeot - Materiales de Construcción Barallobre - Molares - Odeón - Óptica Tabora - O’Trasteiro - Panadería Patricio - Panadería Ríos - Pizzería + Rico - Pub Apnea - Recreativos Teny’s - Restaurante Andarubel - Restaurante Hostal Luis - Taberna Cubana - Vicky Noche.

Prata: Academia Moares - Bar Barón - Bar Chona - Café Bar A RAiola - Café Bar Os Chaos - Cafetería Bogabante - Chacinería As Landras - Electricidad Permuy - Expendiduría nº1 - Ferretería Breamo-Camplolongo - Ferretería Leira-Esteiro - Joyería Rodríguez Corral - Librería Cunqueiro - Muebles La Mina - Obradoiro - Óptica Eume - Saneamientos Leira - Toci Peluqueros-Bar Stollen - Tito Ríos - Verde Manzana.

Bronce: Administración de Lotería nº1 - Antoxos - Bar O Norte - Cacharreira - Café-bar Nevada - Carnicería Angel - Confecciones Martiño - Estanco Macamen - Estudio Fotográfico Efixie - Herboristería Bétula - Relojería Chema - Tnhoviedo Hotel - Tucho Couce - Usual Vales.

Diseño y mantenimiento web. FLOPS Estudio.